TALLER CONTRA O MEDO ESCÉNICO
TALLER CONTRA O MEDO ESCÉNICO

TALLER CONTRA O MEDO ESCÉNICO

ANUNCIO DO TALLER

Trátase de ter dúas xornadas de dúas horas na que se aborden técnicas para controlar o medo escénico que atenaza aos músicos, actores, comunicadores,… antes de subir ao escenario. Están planificadas do seguinte xeito:

  • Martes 1 de marzo de 18.00 a 20.00 h
  • Martes 12 de abril de 18.00 a 20.00 h

DESCRICIÓN DO TALLER – sesión 1

O martes 1 de marzo de 2016 desenvolveuse na aula 14 do Conservatorio de Culleredo a primeira sesión do Taller de control do medo escénico. Os oito participantes de edades diversas, analizaron cales son as sensacións que provoca o medo escénico, achegándose, mediante diversas técnicas asociadas á neurociencia, a atopar mecanismos para usar o propio medo escénico en beneficio da interpretación. Todos acudiron co seu “tenedor” e José Erre propúsolles usalo de diversas formas. A segunda sesión o 12 de abril no Salón de Actos do Conservatorio!!!!

Aquí podedes ver as imaxes da primeira sesión https://goo.gl/VfUJze

DESCRICIÓN DO TALLER – sesión 2

O martes 12 de abril de 2016, tal e como foi anunciado, desenvolveuse a segunda sesión do Taller de control do medo escénico, impartido por José Erre. Os nove participantes no taller, Asier Salvador, Ana Boga, Elena e Pablo Bao, Sofía Fernández, Patricia e Santiago Vázquez, Gloria Uzal e Alba Velaj, analizaron as súas experiencias na aplicación das técnicas estudadas na primeira sesión, nas súas actuacións instrumentais de fin de trimestre. As sensacións sentidas ao ser o que actúa e a actitude cando se observa a outros, da as claves de como se logra controlar a escea e manter a atención dos ouvintes.

Aquí podedes ver as imaxes da primeira sesión https://goo.gl/TTwz1k

Agardamos comentarios dos participantes por calquera dos medios que poñemos a vosa disposición: blog da páxina web, correo electrónico ou nota no Facebook ou Twitter.

Moitas gracias José Erre polo curso e aos participantes vos desexamos que aprovitedes moito as técnicas aprendidas!!!.

  • Data : 2016/3/1
  • Artista : José Erre - Actor e monoliguista

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *