XXVII ENCONTRO DE MÚSICA RELIXIOSA CIDADE DA CORUÑA
XXVII ENCONTRO DE MÚSICA RELIXIOSA CIDADE DA CORUÑA

XXVII ENCONTRO DE MÚSICA RELIXIOSA CIDADE DA CORUÑA

ANUNCIO DO EVENTO

O sábado 19 de marzo de 2016, concerto do Coro e o Ensemble de clarinetes do Conservatorio de Música de Culleredo no XXVII Encontro de Música relixiosa Cidade da Coruña, na Colexiata de Sta. Mª do Campo.

DESCRICIÓN DO EVENTO

O Ensemble de clarinetes e o Coro de Grao Profesional do Conservatorio de Música de Culleredo coas súas solistas Sara González e Sandra Barreiro, a súa directora Victoria Acón e o pianista acompañante Vicente Castro, atenderon a invitación do Orfeón Herculino para asistir ao XXVII Encontro de Música Relixiosa Cidade da Coruña. Actuaron o sábado 19 de marzo de 2016 na Colexiata de Santa María do Campo cun público moi numeroso que encheu todas as bancadas e aplaudiu con entusiasmo todas as pezas. Obras de Telleman, Elberdin, Adams/Mason, Rutter, Abbott entre outras fixeron as delicias do público. Noraboa a todos eles!!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *