se-vende-piano-digital
kawai-ca5_1kawai-ca5_3kawai-ca5_2

VENDESE PIANO DIXITAL KAWAI CONCERT ARTIST CA-5

1.600,00

Category:

Product Description

Nome: Laura Touriñán

Mail: lauratm@hotmail.com

Teléfono: 611601256

Prezo: 1.600€

PIANO DIXITAL KAWAI CONCERT ARTIST CA-5 (nº de serie 7086086).

Piano dixital en moi bo estado de conservación. Con moble de madeira de palisandro marrón con atril e tapa de teclado retráctil, 88 teclas con acabado lacado dun piano normal (Ivory touch) e mecanismo que simula mediante pancas e plomos o mecanismo de martelos e dobre escape dos pianos de cola (AWA Grand PRO, Grand Feel e Left-off). Ten os 3 pedais coas funcións equivalentes aos dun piano de cola (de resonancia, tonal e apagador). A calidade do son é moi boa, por 4 altofalantes.

Regulación de volume; 2 entradas para cascos; metrónomo incorporado; 5 opcións de dureza do teclado: 5 tipos de sonoridade de piano (gran cola, vertical…); 5 tipos de reverberación do son para simular distintos escenarios (gran teatro, salón, catedral…); 40 tipos de instrumentos (varios pianos, órgano de tubos, orquestra de corda, conxunto coral, batería…); control de 9 tipos de afinación; gravadora de dúas pistas e cinco cancións.

Ademais incorpora un sistema para transportar automaticamente as pezas (é dicir, tocas nun ton, e soa noutra tonalidade que se desexe; moi útil para acompañamento de cantantes e instrumentos transpositores). Tamén permite dividir o teclado á metade, para tocar a catro mans ou para que a man esquerda soe coma un instrumento e a dereita coma outro. Tamén trae 88 pezas gravadas no Concerto Magic (toca só o piano). E trae entradas MIDI e USB para conectar o ordenador ao piano.

Outras características:

  • peso: 64kg
  • consumo: 80W
  • dimensións: 1388x505x891

Entrégase con manual de instrucións e con adaptador de jack a mini jack para poder usar calquera tipo de cascos.

Para máis información das súas características: http://www.kawai.co.uk/ca5.htm

INTERESADOS CONTACTAR DIRECTAMENTE CO ANUNCIANTE